Muíños, Igrexas, Cruceiros, Fontes, Lavadoiros, etc.

O noso patrimonio: Muíños, Igrexas, Cruceiros, Fontes, Lavadoiros, etc.

Na parroquia de Dorrón, no Outeiro o río Pintillón.








Muíño da Costa






Na parroquia de Fontoira

Fontes:

Fonte construída no ano 2000


Lavadoiros:


Localización: Fontoira, pequena poboación situada na parte superior de Sanxenxo. O lavadorio atópase  na entrada da Autovía do Salnés.

Materiais empregados: Pedra de granito gris (para o pilón), granito rosa (para os soportes da cuberta), madeira para a estructura da cuberta con abrazaderas de cinc e cravos para suxeitar as diferentes partes do armazón.

Medidas: Planta de 5m. x 5m. e altura de 2'86 m.

Problablemente a súa construcción data no século XVIII, que foi cando se realizaron os pazos na zona, segundo teño investigado a partir dun proxecto de fin de carreira de meu pai que teño na casa que trata dun estudo das construcións tradicionais para a auga comunal no Val do Salnés.

Grazas Claudia

FONTE E LAVADOIRO DE FONTOIRA (SANXENXO)

Cando lle preguntei a niña avía Lola, pola historia do lavadoiro e a fonte de Fontoira non puido evitar emocionarse; cantos momentos bos pasou de cativa acompañando a súa nai a lavar a roupa.
Según ela me conta a fonte ten un manantial propio e ten máis de 150 anos.
A raíz de que a agua era tan boa, decidiron empedrala e construíron un lavadoiro.
Antigamente a xente acudía ao lavadoiro a lavar a súa roupa, onde tamén moitas mulleres aproveitaban para informarse unhas as outras das novas dos veciños.
Houbo un tempo no que quixeron canalizar a auga para construír unha fonte no centro do pobo, pero os veciños opuxéronse, e durante días manifestáronse a carón dela e conseguiron mantela no lugar onde naceu, en Fontoira.
Anos despois, concretamente no ano 2000, rehabilitárona con pedra de granito e actualmente é unha das fontes máis transitadas da nosa comarca, onde se forman colas infinitas nos meses do verán. 

Moitas Grazas Lucas Cores e miles de grazas a toa avía


Na parroquia de Aldaríz

Lavadoiro:

Construída en 1911 e restaurada en 1992




Moitísimas grasas a Ana-Belén e a Pablo

En Sanxenxo

Fontes:


Sita na Rúa Viña da Fonte en Sanxenxo, xusto detrás do Pazo de Patiño, tamén coñecido como”Casa da Viña da Fonte da Laxe” e antes como “Casa dos Arcos”. Sabemos que o Pazo de Patiño data do século XVI, é as últimas reformas do Pazo, do século XVIII. A Fonte foi reedificada a finais do século XIX é restaurada (chorreada a presión facendo un "gran traballo de restauración"), por iso as inscricións “FONTE DA LAXE” sumada a “COROA REAL” que se podían ver agora desapareceron.

Moitas Grazas Héitor





Este é o lavadoiro da Fonte de Ramos, ao lado hai unha praza pública.



Moitas Grazas Sara

Na parroquia de Dorrón

Lavadoiro do Outeiro








Igrexa vella de Sanxenxo



Ningún comentario:

Publicar un comentario