martes, 27 de marzo de 2018

Día da árbore

Celebramos o día da árbore, na nosa escola coa plantación de árbores nun espazo do xardín da escola, en colaboración co Proxecto de Voz Natura. Participamos todas e todos, apadriñando en cada ciclo dúas árbores, neste caso foron froiteiras: pexegos, figueiras, cerdeiras, maceiras, pereiras, etc.



Despois do curso pasado onde recuperamos a entrada principal coa construción dunha charca con ras e peixes, e do espazo a carón dela con herba e árbores autóctonas e ornamentais, seguimos traballado pola mellora da nosa escola e convertela nun espazo natural e acolledor.