mércores, 15 de abril de 2020

Por que....?

Neste vídeos tedes algunhas respostas a distintas preguntas que facedes.




Ei! Lembrade!

Feixes de apertas e bicos a moreas!

martes, 27 de marzo de 2018

Día da árbore

Celebramos o día da árbore, na nosa escola coa plantación de árbores nun espazo do xardín da escola, en colaboración co Proxecto de Voz Natura. Participamos todas e todos, apadriñando en cada ciclo dúas árbores, neste caso foron froiteiras: pexegos, figueiras, cerdeiras, maceiras, pereiras, etc.



Despois do curso pasado onde recuperamos a entrada principal coa construción dunha charca con ras e peixes, e do espazo a carón dela con herba e árbores autóctonas e ornamentais, seguimos traballado pola mellora da nosa escola e convertela nun espazo natural e acolledor.

domingo, 12 de marzo de 2017

Un esparzo natural, reciclaxe e compostaxe

Instalamos tres composteiros, un en cada edificio para recoller os desperdicios dos almorzos, recollida selectiva e reciclaxe.  Conciencia natural e respeto polo medio ambiente.


Bicos a moreas!

martes, 13 de outubro de 2015

Unha escola, un pobo, un futuro!

A recuperación dos elementos arquitectónicos, da natureza, o respeto polo medio natural que nos envolve, etc,... debe aprenderse dende o cariño e o respeto, dende o coidado e dende o amor polo que foi construído e preservado anteriormente polos nosos veciños e veciñas deste Concello. 

Por eles e para eles, dos que por desgraza, moitos xa non están, vai este memorándum feito polos menos e nenas desta escola.

Así pois, grazas aos nosos devanceiros, aos nosos avós e avoas, que xuntos fixeron posible este lugar tan maravilloso no que vivimos.

Así neste blog recolleremos todos os aspectos arquitectónicos e naturais, espazos con historia para disfrute de todas e todos.

Se tedes algunha foto interesante ou textos que nos podian servir, facédenolas chegar ao correo :


ceipafloridasanxenxo@gmail.com

Milleros de grazas!